16 abr 2026

REUNIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA DO LIBRO NAVE

Hoxe tivemos a reunión final do libro Nave, de Olaia Sendón. 

As alumnas dixeron que lles gustou moito o libro e que lles pareceu interesante a historia dos superviventes da terra. 

Falamos tamén de que farían si formaran parte desde 100.000 últimos habitantes e que farían se os elixiran como colonos. 

Tamén se comentou o que tiveron que facer no traballo, que é mencionar que cousas deixarían ou escollerían para falar de como era a terra na actualidade para esas xeracións que non coñezan o noso mundo tal e como é. 



 

15 abr 2026

ENCONTRO LITERARIO CON XULIA ALONSO

 Tras a lectura do seu libro Futuro Imperfecto, no club de lectura de adultos, tivemos un café literario coa autora Xulia Alondo en colaboración co club de lectura de Caurel "Lectura con altura". 

Antes desta reunión, Xulia estivo no instituto onde dous alumnos lle fixeron unha entrevista para a radio do centro. 

Pola tarde, tivo lugar o café literario no que Xulia respondeu preguntas dos membros de ambos clubs de lectura e nos que nos contou moitos detalles da súa vida e do proceso de escritura de esta gran novela. 

As súas verbas deixaron un gran impacto  en todos e nos ensinou unha gran lección de vida. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos!











13 abr 2026

REUNIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA DO LIBRO CONTAS DE BUXO

 Hoxe tivemos a reunión do libro Contas de Buxo de Raquel Fernández. 

O alumnado estivo de acordo en que se trata dun libro moi interesante no que suceden moitas cousas e no que se tocan temas moi diversos. 

Falamos do que farían na situación da protagonista e como reaccionarían eles (o cal forma parte tamén do traballo). 

No traballo, ademáis de como reaccionarían eles, tiveron que mencionar se tiñan algún obxecto con valor sentimental como é o caso da protagonista coa pulseira de contas de buxo. 




10 abr 2026

REUNIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA MANGA YOU HAVE NO REACTION

No día de hoxe tivemos unha reunión os participantes no club de lectura manga, no que este trimestre se leu o libro You have no reaction de Keigo Shinzo. 

Os alumnos estiveron de acordo en que esta colección de historias foi interesante e que tocou moitos temas moi diversos. Cada un deles tivo unha historia favorita. 

O traballo que tiveron que facer foi pensar unhas cancións que lles recordou o manga e a razón. 

A continuación está unha playlist coas cancións que recomendaron: 

https://open.spotify.com/playlist/0YpVJFrNRzYeUrVlawbQK6?si=18eeffac00d64212




9 abr 2026

REUNIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA DO LIBRO DRAMAS Y LIKES EN EL INSTITUTO

 No día de hoxe reunímonos para reflexionar sobre o aprendido ao ler o libro Dramas y Likes en el Instituto de Gemma Pasqual. 

O alumnado estivo de acordo en que foi un libro moi interesante e que lles gustou moito. Queren ler a continuación cando salga. Falamos da temática do libro, que está tan a orde do día e tamén de que farían eles nesa situación. 

O traballo que tiveron que entregar foi unha carta á protagonista da historia comentándolle a súa opinión do ocorrido, o que fixeron ben e o que fixeron mal.