30 ene 2023

O diario vermello de Carlota- capítulo 12

 

O diario vermello de Carlota é un libro que relata como unha protagonista adolescente chamada Carlota comeza a descubrir e a facerse preguntas sobre a súa sexualidade e todo o que isto implica: descubrir o seu propio corpo e os seus cambios como a menstruación, os primeiros contactos sexuais, o enamoranento, os medos e as dúbidas… Para isto escribe todo un diario coas súas investigacións sobre o tema onde conta, explica e da resposta a moitas das dúbidas que surxen nesta idade.

No club de lectura, comezamos plantexándonos e debatindo algunhas cuestións xerais como:

- Que vos parece a educación sexual que recibíchedes nos últimos anos?
- Credes que tedes dúbidas en torno ao sexo?
- En caso de telas ou cando simplemente queredes comentar algo do tema, con quen tedes confianza para falalo?
- Dos seguintes entornos onde vos sentides máis libres de falar do tema: cos vosos pais, con outra familia, con amigas ou con alguén do instituto?

Destas primeiras cuestións concluimos que aínda que cada vez a educación afectivo sexual é un tema menos tabú e fálase máis, as alumnas detectan que toda a formación céntrase en aspectos biolóxicos como: a regra, as ETS e a prevención de embarazos non desexados; deixando atrás outros temas tan importantes como a realidade sobre o consentemento ou a implicación emocional nas relacións afectivo- sexuais.
Por outra banda, analizamos o papel da escola nesta formación e debatimos sobre se é un espazo seguro para preguntar dúbidas ou problemas (de existiren), se o profesorado é capaz de transmitir dita confianza ou se é apropiado mesturar a formación académica e a vida persoal.

O primeiro gran tema do que fala o libro é a pubertade. Reflexionamos sobre:
- Que cambios físicos notades no voso corpo? Algunhas das respostas foron: o acné, crecen os peitos, o vello corporal…
- Que cambios emocionais notades no voso corpo? As rapazas coincidían en que “agora choro moito máis”, “estou moito máis enfadada”, “é todo moi intenso”, “aínda que non queira, discuto todos os días coa miña nai, por tonterías case sempre, pero discuto”, “estrésome moitísimo máis”. 

A raíz destas respostas, falamos sobre o papel do cerebro no desenvolvemento adolescente. Como as hormonas masculinas e femininas (testosterona e estróxenos) inflúen nestes cambios así como a inmadurez do córtex prefrontal (encargado do análise da información, decisións razoadas, autocontrol…) e a hiperreactividade do sistema límbico (encargado das emocións).



Por último, plantexamos unha pequena investigación para saber que pensan os adultos da adolescencia?

Actividade: que pensa a xente da adolescencia? 
As alumnas terán que entrevistar como mínimo a unha persoa (gravando ou escribindo a resposta) preguntando:
- Como definirías a adolescencia?
- Como recordas a túa adolescencia?
- Na túa opinión, era mellor a adolescencia de antes ou á de agora?

Con todas as actividades realizadas preténdese facer, entre todas o noso diario vermello onde anotaremos todas as nosas reflexións e descubrimentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario