17 dic 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - LA BAILARINA DE AUSCHWITZ

No día de hoxe celebramos a reunión do libro La bailarina de Auschwitz. Todos os alumnos estiveron de acordo en que se trata dun libro moi interesante que trata unha temática moi difícil, como é o holocausto e as súas consecuencias. 

Tivemos ademáis unha conversa moi interesante sobre como era a vida das persoas que viviron en campos de concentracións e tamén do seu proceso de recuperación. Tamén comentamos algúns das situacións que tiñan que vivir os xudeus nesa época, tentando poñerse na súa situación. Nomeamos tamén como había persoas que, entre toda a maldade, facían cousas boas como salvar a xente a pesares do risco que era. 

En xeral resultou ser unha reunión moi productiva e interesante. 

Finalmente, entregaron o traballo que é cal era unha carta á autora. 










15 dic 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - EL CENTINELA

No día de hoxe tivemos a reunión do club de lectura na que falamos do libro El centinela. As alumnas comentaron que lles gustou moito o libro e lles pareceu sorprendente o final. 

Tratamos tamén a temática do libro, o bullying, unha situación que hoxe en día está moi extendida por todos lados. A continuación falamos sobre a utilidade da presencia dun Centinela nos centros académicos e se lles gustaría ou lles parecería interesante implementalo no centro. Foi unha reunión moi interesante!

Finalmente, entregaron o traballo que é cal sería a súa primeira misión como centinelas do centro. 





12 dic 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA MANGA - LOS DIOSES MIENTEN

 Hoxe tivemos a reunión do club de lectura manga no que nos reunimos para falar do manga Los Dioses Mienten. 

Na reunión comentamos as nosas impresións sobre a historia do manga, centrándonos na situación complicada que vive unha das protagonistas no que a familia se refire. Estivemos todos comentando tamén como intentaríamos solucionalo e que pasos deberíamos seguir nesa situación. 

Tamén entregaron traballos nos que redactaban ou debuxaban como continuarían a historia. 






10 dic 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS - LA AMIGA QUE ME DEJÓ

 

No día de hoxe tivemos a segunda reunión do club de lectura de adultos. Nesta ocasión, o libro que estivemos lendo foi "La amiga que me dejó" de Nuria Labari. En xeral, todos os asistentes ao club estivemos de acordo en que non nos gustou moito o libro por diversas razóns que estivemos comentando. 

O seguinte libro será o premio Xerais de novela no 2025, "Mulleres que viven xuntas" de Abril Camino.

 



24 nov 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - LA BAILARINA DE AUSCHWITZ

  Hoxe tocou ter a primeira reunión do libro "A bailarina de Auschwitz" de Edith Eger. 

Na reunión, comentamos como van coa lectura do libro, algúns xa o tiñan acabado e outros aínda están a medio lelo e, ademáis, explicamos o traballo que deben realizar, que en este caso será escribir unha carta á autora e protagonista do libro sobre o que máis lles gustou do libro e o que aprenderon del. 




17 nov 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - O INCENDIO

 Hoxe tivemos a reunión do club de lectura do libro "O Incendio" de Sara Vila Alonso. Ainda que a reunión iba a ser para comprobar o proceso de lectura e o comentar o traballo que debería realizar o alumno que elexiu este libro, converteuse na reunió final. 

Estivemos comentando todo o que transmite este libro e da relación entre o lume e a adolescencia, o que deu lugar precisamente ao traballo do libro, xa que se trataba de realizar un escrito no que se respondera ás seguintes preguntas: Que representa o incencio na novela e que cousas arderían ou se queimarían na adolescencia de cada un?

Tamén comentamos que ao tratarse dun libro que se sitúa no ámbito rural faise fácil acercarnos e imaxinar toda a situación, ao vivir nos nun lugar rural. 




12 nov 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - AGORA QUE VEN A NOITE

  Hoxe tocou ter a primeira reunión do libro "Agora que ven a noite" de Marcos Calveiro. O obxectivo principal da reunión era comprobar como iban avanzando co libro (algúns xa o tiñan casi lido e outros estaban en proceso) ademáis de comentar o traballo que terán que facer, que neste caso é unha continuación da historia. 




7 nov 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - EL CENTINELA

  Hoxe tivemos a primeira reunión do libro "El centinela" de Reyes Martínez. O obxectivo principal da reunión era comprobar como levaban a lectura do libro e, ademáis, comentar o traballo que terán que facer, que neste caso é qué farían se se convertisen en centinelas do seu instituto. 





5 nov 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA MANGA - LOS DIOSES MIENTEN

 Hoxe tocou ter a primeira reunión do manga "Los dioses mienten" de Kaori Ozaki. O obxectivo principal da reunión era comprobar como iban avanzando co manga (algúns xa o tiñan casi lido e outros estaban en proceso) ademáis de comentar o traballo que terán que facer, que neste caso é unha continuación da historia. 




27 oct 2025

REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE ADULTOS - O CLAN DAS BARBIES

 No día de hoxe tivemos a reunión do club de lectura de adultos para falar sobre o primeiro libro que decidimos ler este curso. Trátase de "O clan das barbies" de Antía Yáñez. 

Todos coincidimos en que este libro trata temas moi duros, o que fixo que varias persoas lle resultase complicado acabar a lectura. Tras comentar a temática do libro en profundidade, estivemos propoñendo libros para ler a continuación. 





3 oct 2025

COMEZAMOS O CLUB DE LECTURA!

 

Hoxe demos por comenzado o club de lectura deste curso 2025 - 2056. Nesta primeira reunión, o alumnado elexiu o libro que leerán durante este primeiro trimestre. 

Ao final, foron elexidos os seguintes libros: 

- La bailarina de Auschwitz de Edith Eger

- O incendio de Sara Vila

- Agora que ven a noite de Marcos Calveiro

- El centinela  de Reyes Martínez

No club de lectura manga leeremos este trimestre Los dioses mienten de Kaori Ozaki. 

Por último, os adultos volveremos a ler a Antía Yáñez coa súa obra O Clan das Barbies. 







19 jun 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA MANGA - KRYMSOUL

 Hoxe tivo lugar a última reunión do club de lectura manga, na que falamos sobre o manga Krymsoul. Este manga gustou moito ás participantes do club e sorprendeulles descubrir que a autora é española. 




18 jun 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - PERSÉPOLE

 No día de hoxe tivemos a reunión co alumno que leu o libro de Persépole no último trimestre. 

Esta novela gráfica tan interesante gustoulle moito, xa que trata de temas moi interesantes sobre a vida da autora e nos acerca a súa realidade. 




Reunión do club de lectura de adultos - O Corpo de Cristo

 

Hoxe tivemos a última reunión do club de lectura de adultos do ano e falamos do último libro que decidimos ler: O Corpo de Cristo, de Bea Lema. 

Esta novela gráfica, que trata temas moi interesantes, gustou moito as participantes do club de lectura e todas estivemos de acordo de que merecía o premio que levou. Un acerto!




17 jun 2025

REUNIÓN CLUB DE LECTURA - ROSALÍA OCULTA

 Hoxe tivemos a reunión do libro "Rosalía Oculta".

As rapazas coincidiron en que se trata dun libro que ao ser en formato novela gráfica foi sinxelo de ler e que é moi interesante xa que amosa a vida da escritora Rosalía de Castro. 




11 jun 2025

ENQUISA CLUB DE LECTURA

 Aquí está o enlace para a enquisa do Club de Lectura deste curso. 

https://forms.gle/RUV7FmWaMQ4R7UxL7

5 jun 2025

Lendo nos coles!

 Un ano máis, os membros do club de lectura como parte tamén do Plan Proxecta Pasaprte Solidario, visitaron o CEIP de Quiroga e o CEIP de San Clodio para que os/as máis pequenos/as disfrutaran dunhas fermosas lecturas. Aproveitando o Día do Medio Ambiente, varios libros tiveron esa temática, mentres que outros, mostraban a importancia de que debemos respetarnos e aprender a colaborar. Foi moi divertido e significativo! Prometemos voltar o curso que vén! 


SAN CLODIO









QUIROGA













21 may 2025

XVII XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

 No día de hoxe a coordinadora do club de lectura participou na XVII Xornada de Clubs de Lectura que se celebrou no Pazo de Congresos de Santiago. 

Foi un día cheo de conferencias e charlas moi interesantes que serán de moita axuda para seguir construíndo memorias cos libros e os rapaces do instituto.