No día de hoxe tivemos a reunión do club de lectura na que falamos do libro El centinela. As alumnas comentaron que lles gustou moito o libro e lles pareceu sorprendente o final.
Tratamos tamén a temática do libro, o bullying, unha situación que hoxe en día está moi extendida por todos lados. A continuación falamos sobre a utilidade da presencia dun Centinela nos centros académicos e se lles gustaría ou lles parecería interesante implementalo no centro. Foi unha reunión moi interesante!
Finalmente, entregaron o traballo que é cal sería a súa primeira misión como centinelas do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario