Hoxe tivo lugar a última reunión do club de lectura manga. Tras a lectura do manga Eterno Yoshio, comentamos o que nos pareceu, e todos estivemos de acordo de que se trata dun manga moi bonito e que transmite unha mensaxe moi bonita. De feito hai algún alumno que llo recomendou a familiares para que o leran.
O traballo que tiveron que facer era un pequeno pasaporte literario, no que incluían a resposta ás seguintes preguntas:
- Personaxe favorito e a razón
- Escena que máis lles impactou
- Viñeta que resumiría a obra
- Unha pregunta para o autor
- Emoción que lles transmitiu o manga
- Recomendación para outro lector.

No hay comentarios:
Publicar un comentario