

Aínda que non se pode dicir que esta obra tan exitosa de trama romántica un tanto predecible nos enchese o ollo, para falar foi dando, e houbo mesmo que non se decatou de que xa a tiña lido, ata que xa a comezara de novo... que cabeciñas lectoras ;-)
Agora imos ler Seique, de Susana Sánchez Aríns, e Orgullo y prejuicio, de Jane Austen. E iso que había quen tiña moito interese no cómic de Ana Moreira Madialeva, como podedes ver na foto... Seguro que logo cae!
No hay comentarios:
Publicar un comentario