1 mar 2023

Os membros do club de lectura adultos falan…

 Reseñas sobre o club de lectura de adultos- Esperando el Diluvio (Dolores Redondo)


Tras rematar o último libro de Dolores Redondo, conclúo con que ten un comezo que non incita a ler, mais a medida en que avanza, chama máis a atención. Resultoume un tanto redundante e repetitivo ata ben cerca do final, sendo este triste e inesperado.”
Laura Álvarez Pérez.

“Comecei o libro con ganas xa que desfrutara moitísimo do seu anterior libro “Todo esto te daré” e quizáis por iso tiña as expectativas demasiado altas. Nesta ocasión pareceume un libro un chisco lento e con pouca profundidade nas personaxes. Custoume en ocasións continuar o libro pola falta de acción. O que máis me gustou sen dúbida foi o final onde o ritmo acelérase exponencialmente e a personaxe de Rafa; un rapaz con parálise cerebral a través do cal pódese ver a situación de exclusión e maltrato que vivían nesa época as persoas con discapacidade e como Rafa consegue ser clave na investigación grazas a súa astucia e capacidade de observación.”
Aldara Pérez González.


Fabio Mascareñas Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario