6 dic 2023

Reunión Club de Lectura- Subnormal: unha historia de acoso

  O alumnado de 2º e 3º da ESO que elixiu este libro, xuntouse en varias ocasións para facer unha posta en común das súas impresións sobre o libro.

Falaron sobre os tipos de acoso aos que estaba sometido o protagonista, como lle afectaba no seu día a día, quen era o seu refuxio, como reaccionou á familia e o colexio e o punto extremo ao que chegou intentando suicidarse. Comentamos entre todos e todas as situacións similares que eles viviron tanto dende o punto de vista de persoa acosada como acosadora.

A continuación fixeron unha actividade na que, en fila de a un, escoitaron varias preguntas. Se a resposta era “si” deron un paso á dereita e se a resposta era “non” deron un paso á esquerda. Así, fóiselles preguntando se viviran algunha situación de acoso, se algunha vez lle fuxeron dano a alguén, se nalgún momento sufriron noncolexio ou no instituto, se viron sufrir a alguén e non fixeron nada, se algunha vez se fixeron dano a si mesmos ou se algunha vez pensaron que vivir non merecía a pena. Ao final chegamos a conclusión de que nalgún momento todos e todas puidemos estar no papel de acosado, acosador ou espectador.

Na casa, escribiron unha carta ao seu “acosador” e compartimos impresións entre todos/as.

Por último fixeron un mural onde tacharon a oalabra “subnormal” que era o insulto principal co que acosaban ao protagonista da historia e escribiron que outras cousas tería sido moito mellor dicirlle.










No hay comentarios:

Publicar un comentario