13 mar 2024

Charla Dr Isorna- Adiccións con e sen substancia: claves para entender e educar desde a familia na era dixital

 Nas últimas décadas, as sociedades occidentais experimentaron uns cambios tan acelerados que moitos pais, nais e educadores vémonos desbordados polos novos retos e desafíos que conleva a educación dos nosos fillos. O uso de móbiles, Internet, videoxogos e redes sociais, así como o consumo intensivo de alcol, cánnabis, o fenómeno do vapeo e a proliferación de novas substancias psicoactivas, configuran un panorama sumamente incerto e complexo que require unha profunda reflexión colectiva. A miúdo cuestionamos as posibles motivacións dos nosos fillos adolescentes para participar nestes comportamentos e prácticas de risco, pero igualmente importante é examinar as deficiencias que poden existir en moitas das familias. Con moita. A miudo solemos poñer o foco nos adolescentes de maneira automática, pero en menor medida non solemos examinar os posibles erros cometidos polas familias, polos propios centros educativos e institucións. É esencial comprender que se trata dunha responsabilidade compartida, onde familias e centros educativos deben colaborar de maneira conxunta e orientada cara a un obxectivo común. O profesor da Universidade de Vigo, Manuel Isorna Folgar, experto en prevención escolar e comunitaria e investigador compartirá abertamente as súas reflexións nun esforzo por identificar algunhas claves para comprender e previr estes desafíos desde o ámbito familiar.






Ademais, dende o Club de Lectura recomendáronse varios libros para que as familias que lles interese profundicen na temática




Esta actividade foi compartida en diferentes medios como os periódicos e redes sociais do Concello ou do CEIP de Quiroga:












No hay comentarios:

Publicar un comentario