12 nov 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - SÓ PARA ADULTOS

 Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura do libro Só para adultos, no que falamos de como van coa lectura e do traballo que teñen que realizar. 

Neste caso, trátase de comentar entre 3 ou 5 momentos nas redes sociais ou na publicidade no que algo non lles gustou (perfís que deixaron de seguir; publicidade enganosa, etc) e a razón. 





10 nov 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - SOÑOS DE LUNARIA

 No día de hoxe tivo lugar a primeira reunión do club de lectura do libro Soños de Lunaria, no que falamos de como levan a lectura do libro e do traballo que teñen que realizar, que, neste caso, se trata da realización dun perfil dun teriántropo que eles inventen. 







6 nov 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - INVEROSÍMIL

 Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura do libro Inverosímil, na que falamos de como van coa lectura do libro e do traballo que teñen que realizar. 

O traballo, neste caso, ten dúas partes: 

  • Crear unha bucket list que lles gustaría cumplir antes de ser maiores
  • Traer pensados ou escritos 3 recordos que nunca queren olvidar, para crear un tarro de recordos. 









4 nov 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - PRINCIPIO DE SUPERPOSICIÓN

 

Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura do libro Principio de Superposición, no que falamos de como van coa lectura do libro e explicamos o traballo que teñen que realizar. 

Neste caso, o traballo consiste en crear un iceberg no que poñen a parte visible que mostran, por un lado un personaxe da novela e noutro eles, e o mesmo coa parte que ocultan, para reflexionar que mostramos a todos todo o que somos. 







3 nov 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA MANGA - SHINY COMPACT

 No día de hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura manga no primeiro trimestre, no que falamos de como van coa lectura do manga e do traballo que terán que facer. 

Neste caso terán que seleccionar a súa escea favorita do manga e, ademáis, facer un final alternativo no formato que prefiran.