Nesta reunión, xuntámonos para comentar a primeira parte do libro "La cuenta atrás para el verano" que se centra na historia da protagonista co seu primeiro amor: Nacho. O libro relata as primeiras emocións que se sinte cando un se namora, cando comete tolerías, cando non mide os riscos e cando, ás veces, perdemos a noción do que é verdadeiramente importante.
- Cal é a vosa personaxe favorita e por que?
- Como definiriades a protagonista?
- Que vos parece a actitude do seu pai canto se entera de que a protagonista ten mozo?
- Como vos gustaría que reaccionasen con vos nunha situación similar?
- Credes que os pais deben estar preocupados se a vosa parexa non é unha "boa influencia"?






















