26 mar 2025

REUNIÓN PODER NON É QUERER

 

O alumnado que leron o libro de "Poder non é querer" de Noela Rivas reuníronse para preparar as preguntas que lle farán á escritora na xuntanza do luns 7 de abril. 

Todas comentaron o moito que lles gustou o libro e elaboraron unha ampla listas de cuestións que queren saber sobre o proceso de escritura e creación do libro. 







27 feb 2025

REUNIÓN CLUB DE LECTURA MISS ANTROPÍA

 Hoxe reuniuse o alumnado que está a ler o libro de "Miss Antropía" para comentar como van coa lectura e falar do traballo que deben entregar. 




20 feb 2025

REUNIÓN CLUB DE LECTURA PODER NON É QUERER

 Hoxe tivemos a primeira reunión coas alumnas que están a ler o libro de "Poder non é Querer" para comentar como van coa lectura e falar do traballo que farán ao final. 




13 feb 2025

REUNIÓN CLUB DE LECTURA REDES

 Hoxe tivemos a primeira reunión do libro de Redes, na que comentamos o traballo que os alumnos deberán realizar tras ler o libro. 




12 feb 2025

Club de lectura adultos - Blackwater

 Hoxe os membros do club de lectura de adultos xuntáronse para comentar "Blackwater. La riada", a primeira parte dunha saga de seis tomos. 


Houbo diferenzas de opinións, mentres a unha parte das lectoras lles entretivo e lles causou curiosidade como ía acabar a historia (lendo incluso o resto dos tomos), a outra banda pareceulles que tiña moi pouco argumento e que os personaxes eran completamente planos. En calquera caso, unh libro moi sinxelo de ler.


Ademáis decidiron as vindeiras lecturas deste trimestre:
  • Tras do ceo de Manuel Rivas
  • Detective Ferruchi de Marta Villar





31 ene 2025

Reunión club de lectura 2º trimestre

 Esta semana tivemos a primeira reunión do club de lectura do segundo trimestre para decidir os libros e mangas que leeremos durante este trimestre. 

Os elexidos son: 
















10 ene 2025

Saída Luces de Vigo e Noites de retranca

 O alumnado do Club de lectura e voluntariado do IES de Quiroga pasou unha fermosa xornada en Vigo xusto antes do apagado das luces onde algúns aproveitaron para facer prácticas de fotografía como parte do proxecta Fotografía en curso.

Ademais acudimos ao auditorio Mar de Vigo a ecoitar os monologos de humor de Noites de Retranca.