Avisos ós lectores e lectoras de Libromanía e amantes dos libros en xeral: esta semana para conmemorar o Día do Libro celébrase o I Mercado do Libro de segunda man e fanse lecturas de poemas e outros textos en distintas linguas na biblioteca, no segundo recreo. Non esquezades vir. O programa é o que segue:
O luns día 22, poemas en francés, coa súa correspondente tradución ó galego.
O martes día 23, Día do Libro, poemas en galego.
O mércores día 24, poemas en castelán.
O xoves día 25, textos en inglés, con tradución ó galego.
O venres día 26, poemas en latín, portugués, catalán, italiano, rumano, lituano e alemán, todos coa súa correspondente tradución ó galego.
As últimas xuntanzas para comentar libros, foron para os rapaces, La cruzada de los niños, e para os adultos, Sunset Park. En breve colgaremos aquí algunha imaxe.
22 abr 2013
1 abr 2013
Veña que vai!
Avisos varios: o vindeiro luns, no segundo recreo comentaremos La cruzada de los niños; tamén este mes terá lugar o Mercado do libro de segunda man e unha sesión presencial nalgunha lingua estranxeira: estade atentos ás novas que vos iremos dando.
Velaquí tedes o noso expositor coas últimas adquisicións... hum... da gusto velas!
Velaquí tedes o noso expositor coas últimas adquisicións... hum... da gusto velas!
Etiquetas:
La cruzada de los niños,
Mercado do Libro,
últimas adquisicións
15 feb 2013
Seguimos en marcha
Por outra parte, onte houbo unha xuntanza dos adultos para falar de El enredo de la bolsa y la vida, de Eduardo Mendoza, obra coa que en xeral, botamos unhas risas. Deixo aquí as palabras dunha das participantes referidas ó anónimo protagonista: "É unha pena que este personaxe non teña nome para recordalo."
A próxima obra para os adultos é Sunset Park, de Paul Auster.
31 ene 2013
Celebración do Día da Paz
Onte houbo varias actividades para conmemorar o Día da Paz e promover actitudes e comportamentos non violentos, unha delas, un recital poético no que se deu lectura a composicións que falaban de abusos, violencia, guerras, intolerancia e actitudes pouco solidarias que todos debemos evitar, estivo organizada este Club de Lectura e contou coa presenza activa do alumnado de bacharelato e 4º da ESO.
Tamén houbo lugar para a esperanza con carteis realizados polo alumnado de distintos niveis, promovendo a súa realización dende distintos departamentos.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración e participación.
En breve, poderedes ver aquí as fotos.

20 ene 2013
15 ene 2013
Nas profundidades...
Na última xuntanza baixamos ás profundidades do mar coa obra de Miguelanxo Prado, que nos deixou bastante impresionados, polas imaxes e polo argumento, fantástico e tráxico, pero cheo de beleza.
Ademais de comentar De Profundis, verdadeira xoia gráfica que encheu de mar os nosos ollos, na última xuntanza deste Club de Lectura falamos de próximas lecturas, e programamos a periodicidade de reunións quincenalmente. Mirade neste blogue ou no taboleiro a carón da biblioteca para saber as actividades que se realizarán en cada ocasión.

Para a/os que teñades interese en participar na elaboración do blogue, estará aberto ás vosas colaboracións os luns no segundo recreo, na sala de audiovisuais.
Por certo, xa que tamén estivemos a falar da última obra de Miguelanxo Prado, Ardalén, publicada recentemente, aquí queda a portada correspondente á edición de El Patito Editorial (en galego); en castelán sae en Norma Editorial.
Trátase dunha obra extensa, que aborda o tema da memoria e que vai máis alá do que é un cómic, segundo o autor, quen traballou a reo nela durante algo máis de tres anos. Se queredes máis información, podedes consultar na rede a páxina web do autor.
12 ene 2013
De novo unidos polos libros
Recórdovos que o próximo luns, día 14, no segundo recreo, terá lugar a xuntanza para comentar De Profundis, adiada dende antes do Nadal.
No seguinte enlace podedes visitar a páxina do autor, Miguelanxo Prado, que non ten desperdicio. Tamén aquí podedes disfrutar da versión animada deste relato.
No seguinte enlace podedes visitar a páxina do autor, Miguelanxo Prado, que non ten desperdicio. Tamén aquí podedes disfrutar da versión animada deste relato.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)