Aínda que estes tempos estivemos moi caladiñ@s nas redes (veu o final do trimestre e non quedaba oco para nada), fomos seguindo coas nosas lecturas. O alumnado, con La emperatriz de los etéreos (Laura Gallego) da que xa falamos en dúas ocasións, e hoxe teremos unha nova xuntanza, talvez a de remate... ;-)
Os/as lectores/as adultos/as andamos ás voltas con Patria, de F. Aramburu e Animaliños de Bolaño. Estaba prevista unha xuntanza para hoxe, pero tivemos que adiala, prevíanse moitas ausencias...
Quedará, en principio, para o 18 de abril. Fundación e Verdedades xa os devoramos e comentamos en marzo, hum....
4 abr 2017
24 feb 2017
Poderos@s!!!
E ben, hoxe fixemos un oquiño para rematar de comentar Poderosa, de Sérgio Klein; aproveitamos para probar un produto típico da gastronomía lusófona (os pasteis de Belén!!!) e escoitar na voz de Vinicius de Moraes o "Soneto da fidelidade", ao que se facía referencia no libro.
A próxima lectura será Emily the strange.
Aínda que non deixamos constancia en imaxes, a sección de adultos do Club de Lectura tivo dous xantares literarios este mes: o primeiro o día 7, con Xosé Tomás (falamos de Nómades, Tolos, Manual de escola, sobre a ilustración de textos e o proceso de creación dunha banda deseñada...); e o segundo, o día 17, con María Lado e Lucía Aldao, que visitaron o noso centro nesa data.
Agora mesmo estamos lendo Fundación de Isaac Asimov, Verdedades de Iolanda Castaño e Xosé Tomás e Made in Spain. Cuando inventábamos nosotros, de Alejandro Polanco Masa.
Etiquetas:
Fundación,
Made in Spain,
Manual de escola,
Nómades,
Poderosa,
Sérgio Klein,
Soneto da fidelidade,
Tolos,
Verdedades,
Vinicius de Moraes,
Xosé Tomás
7 feb 2017
Non estamos tol@s...
Lembrade que hoxe hai sesión do Club de Lectura para comentar Nómades e Tolos, de Xosé Tomás, aproveitando que vai estar connosco para desenvolver unha actividade (charla-obradoiro); Poderosa deixámola para a vindeira semana. Coma sempre, no segundo recreo.
Na sección de adultos tamén teremos a ocasión de comentar estas obras e Manual de escola no xantar posterior. E xa queda menos para esa Fundación...
Etiquetas:
Fundación,
Manual de escola,
Nómades,
Poderosa,
Tolos,
Xosé Tomás
23 ene 2017
Xaneiro de libro en libro
Empezamos o ano con moito pulo, na sección do Club de Lectura de Adultos: o mércores 11 tivemos unha xuntanza para comentar Izan o da saca, de Xabier Quiroga e Frida Kahlo. Una biografía, de María Hesse. A novela gañadora na última edición do Premio San Clemente deu moito de si, e xerouse certa polémica con respecto ao personaxe protagonista; había quen dicía que era o prototipo de detective da novela negra, e quen apoiaba xusto o contrario. En calquera caso todos/as tiñamos unha dúbida: consolidarase como protagonista noutras obras e xerará unha saga?
Tamén deu ben que falar a cuestión da ambientación espacial e histórica e o traballo de documentación feito polo autor; ninguén ficou indiferente á historia, pese á súa densidade.
O libriño ilustrado que se achega á vida da pintora mexicana resultou un éxito absoluto: non só conta cunhas magníficas ilustracións (a maiores das imaxes que reproducen os seus cadros), senón que ten un texto delicioso, un xeito de abordar a figura de Frida e o seu periplo vital delicado, asociándoo coa súa produción artística e co contexto histórico... encheunos o ollo aínda máis do que esperábamos!
Siddhartha, de Hermann Hesse e Fundación, de Isaac Asimov son as nosas seguintes lecturas, pero xa hai outras esperando que lles chegue a hora...
A rapazada do Club de Lectura participou o venres 20 nunha saída á Coruña, onde visitaron a exposición BDG70: A revolta do cómic galego (tendo como guía a Manel Cráneo!!!) e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.
Etiquetas:
BDG70,
Frida Kahlo,
Fundación,
Hermann Hesse,
Isaac Asimov,
Izan o da saca,
Manel Cráneo,
María Hesse,
Siddhartha,
Xabier Quiroga
21 dic 2016
O último do 2016 en Libromanía
Hoxe celebrouse a xuntanza para comentar Pulsaciones (J. Ruescas e F. Miralles), o libro que estivemos lendo estes días, aínda que o lío de exames fixo que non todo/as chegasen ao final da historia... Para compensar tanto esforzo, ademais das xa típicas larpeiradas, tomamos un té chai, como a protagonista do libro, nun momento que serve de inflexión no desenvolvemento da historia.
Aproveitamos tamén para falar dalgunhas das referencias literarias e cinematográficas que se fan ao longo do libro, unhas máis coñecidas ca outras.
No Nadal leremos Poderosa, de Sergio Klein.
Aproveitamos tamén para falar dalgunhas das referencias literarias e cinematográficas que se fan ao longo do libro, unhas máis coñecidas ca outras.
No Nadal leremos Poderosa, de Sergio Klein.

A sección de adultos reuniuse o 30 de novembro para facer o comentario de Las sinsombrero, que tivera que ser adiado, e o día 13 houbo a xuntanza correspondente á delicada historia que Philippe Claudel narra A neta do señor Linh. As seguintes lecturas son Izan o da saca, de Xabier Quiroga, e Frida Kahlo. Una biografía, de María Hesse.
Etiquetas:
A neta do señor Linh,
F. Miralles,
Frida Kahlo,
Izan o da saca,
J. Ruescas,
Las sinsombrero,
María Hesse,
Philippe Claudel,
Poderosa,
Pulsaciones,
Sergio Klein,
té chai,
Xabier Quiroga
25 nov 2016
O mundo chámase Outeiro!
Pois
si, o martes 22 de novembro fixemos a nosa primeira saída deste ano.
Neste caso viaxamos ata Outeiro de Rei, para visitar a Casa-Museo Manuel María, e despois fomos ata as instalacións de Vida de Aldea,
onde xantamos e aprendemos un montón de cousas sobre as
posibilidades alternativas do mundo rural e a importancia da posta en
valor das paisaxes. Despois de facer un pequeno percorrido a pé,
rendémoslle unha homenaxe a Agustín Fernández Paz lendo fragmentos
de distintas obras súas (cadaquén escolleu a súa para poñer en
común). Hum... que bo sabor de boca nos quedou desta xornada, ;-)


Podedes ver máis imaxes desta saída no facebook do centro e na reportaxe fotográfica da páxina web.
24 oct 2016
Preparando o gran día
Mañá estarán no noso centro Mini e Mero, e o alumnado do Club de Lectura de mozos e mozas anticipou a súa reunión desta semana, xa que mañá non ía dar tempo a facela; o que non puidemos foi comentar o libro que estamos lendo, Aya, como estaba previsto facer, xa que o tempo da xuntanza de hoxe adicámolo a preparar as preguntas que lles faremos mañá....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



