Recordatorio para lectores/as xuvenís: mañá no segundo recreo, en audiovisuais comentamos Al sur de la alameda. Non esquezades vir, que xa sei que o devorastes ben. Aproveitaremos para dixerilo en grupo con algún outro produto gastronómico.
20 nov 2017
24 oct 2017
Medre a festa!!!
Hoxe conmemoramos o Día das Bibliotecas. Xurxo Souto pasou pola nosa e o alumnado de Libromanía fíxolle unha pequena entrevista antes da súa charla sobre a historia do rock galego.
Tamén houbo un xantar coa sección do Club de Lectura de adultos. Laretamos sen tasa, e, por suposto, deixounos tamén unhas recomendacións: O outro lado da música, a poesía (Luísa Villalta), As crónicas do Sochantre (Álvaro Cunqueiro) e Futbolín (Alessio Spataro): terémolas moi en conta!Aquí vos queda unha imaxe da entrevista, da que en breve daremos máis novas na rede.
![]() |
| "Somos un pobo de artistas" foi o lema do músico e escritor, quen nos animou a amosar a nosa creatividade. |
23 oct 2017
Libros de outono
As lecturas da rapazada van ser para os máis novos Corredora, de María Reimóndez e Charles Darwin, de Alan Gibbons, en relación coa conmemoración do Día das Escritoras a semana pasada e coa exposicion "Unha viaxe pola ciencia", que estará no corredor da planta baixa e no laboratorio de Bioloxía durante o mes de novembro.
O alumnado con máis experiencia percorrerá as páxinas de Presas fáciles, de Miguelanxo Prado; Al sur de la alameda, de Lola Larra e Vicente Reinamontes, e Destino xalundes, de Rosa Aneiros.
A sección de adultos tivo que pospoñer a reunión de comentario de El lector de Julio Verne e os contos de Edgar Allan Poe, pois no xantar de mañá teremos como convidado a Xurxo Souto...
Etiquetas:
Al sur de la alameda,
Charles Darwin,
Corredora,
Destino xalundes,
Día das Escritoras,
Edgar Allan Poe,
El lector de Julio Verne,
Presas fáciles
30 sept 2017
Comezamos de novo
O pasado mércores 27 tivo lugar a reunión de presentación do Club de Lectura este curso, na que se falou das actividades previstas e se explicou o funcionamento de Libromanía para o alumnado novo que tiña interese en participar. Houbo quen non puido ver, e xa mandou recado...
O próximo venres, no 2º recreo, poñeremos en común as nosas propostas lectoras e comezaremos outro puzzle de libros. Non volo perdades!!!9 sept 2017
Sobremesa lectora ao carón do río
Pois si, a xuntanza da sección de adultos tivo lugar en San Clodio desta vez, moi pretiño do Sil. Combinaba perfectamente co relato de Todo isto che darei, e as súas esceas de ribeira -nese caso do Miño-, sobre o que houbo comentarios diversos pois non todo o mundo ficou enfeitizado pola historia, aínda que a impresión xeral era boa. Máis unanimidade suscitou Corredora, ese libriño que conta tan ben a peripecia vital nunha atleta etíope, e ao mesmo tempo vai deixando caer faragullas de grandes temas contemporáneos.
A data permitiu que fosemos máis dos habituais (como podedes ver na foto que nos sacou unha nai) e tamén os nosos convidados/as fixeron as súas propostas de lectura, por iso saíu unha boa rea delas, moi variadas. As inmediatamente seguintes son El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes, e unha antoloxía de contos de E. Allan Poe.
Ah... o misterio agora que reven os días, acae tan ben...
4 sept 2017
Setembro de libro
O verán de lecturas vai quedando atrás, agora é o momento de dixerilas...

Para iso, a sección de adultos, que non ten repouso, reúnese este mércores 6, cunha boa sobremesa: Todo isto che darei, de Dolores Redondo e Corredora, de María Reimóndez. E xa sabemos cal será unha das próximas lecturas: El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes que nos recomendou Mini.

A rapazada polo de agora aínda está devorando por libre... pero logo comezamos tamén a falar de novas lecturas para este curso.
Talvez sexa esta vez unha dobre viaxe...
Talvez sexa esta vez unha dobre viaxe...
28 jun 2017
No verán... lerás máis
Queridas lectoras e queridos lectores:
Non esquezades devorar con ansia canto libro de interese pilledes no verán. Aproveitade que temos máis tempo de lecer, e máis horas de luz natural... por non falar dos entornos naturais como xardíns e praias, que tanto favorecen a lectura... (e as esperas nalgunhas viaxes, que non son agradecidas, pero permítenos bucear entre páxinas!).


Pola nosa conta, déixamosvos algunhas recomendacións no último biblioletín.
A sección de veteranos/as do Club de Lectura non descansa: estamos lendo El corazón es un cazador solitario de Carson McCullers e Corredora, de María Reimóndez. Contamos comentalos cara a mediados de xullo, con algún produto gastronómico á altura da ocasión ;-)
Non esquezades devorar con ansia canto libro de interese pilledes no verán. Aproveitade que temos máis tempo de lecer, e máis horas de luz natural... por non falar dos entornos naturais como xardíns e praias, que tanto favorecen a lectura... (e as esperas nalgunhas viaxes, que non son agradecidas, pero permítenos bucear entre páxinas!).


Pola nosa conta, déixamosvos algunhas recomendacións no último biblioletín.
A sección de veteranos/as do Club de Lectura non descansa: estamos lendo El corazón es un cazador solitario de Carson McCullers e Corredora, de María Reimóndez. Contamos comentalos cara a mediados de xullo, con algún produto gastronómico á altura da ocasión ;-)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





