23 abr 2024

Día do libro

 



O Día do Libro é un acontecemento que se celebra o 23 de abril e que coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega en 1616.

O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do Club de Lectura realizou unha exposición "Celebramo o Día do Libro, lendo os clásicos" na que fixo unha selección de obras clásicas presentes na nosa biblioteca.





















O alumnado de 1º de ESO ilustrou os clásicos con carteis informativos sobre personaxes destacados da literatura universal, ilustracións que acompañaron á exposición.














No corredor do centro recolleron as recomendación lectoras de todo aquel que as quixo compartir.



OBRADOIRO DE TEATRO

Entre as actividades realizadas para celebrar o Día do Libro e tamén o Día do Teatro, o Equipo da biblioteca organizou para o alumnado de 2º de ESO  un obradoiro de teatro impartido polo actor e músico Vadzim Yukhnrvich, no que aprenderon técnicas de presenza corporal, quecemento da voz, xestión da respiración ou a transmitir emocións co noso corpo. 
Neste obradoiro convertéronse en samurais, en meigas, tiveron turbulencias nun avión e ata cruzaron un río con pedras.















16 abr 2024

Traballos Xoaniña de Deus

 A continuación expóñense os vídeos que elaborou o alumnado do Club de lectura do libro "Xoaniña de Deus" como parte da actividade "Un percorrido pola vida dos meus avós/avoas".




Isabella entrevista a súa nai

Carmen entrevista a súa avoa

Xiana entrevista ao seu avó

María Vila entrevista ao seu pai

Sara Vaz entrevista á súa avoa

Tania entrevista á súa avoa

Paula entrevista á súa avoa


12 abr 2024

Traballos O caso do falso accidente.

 Nesta ocasión o alumnado elaborou un vídeo no que representou a escea que máis lles gustou do libro O caso do falso accidente!






11 abr 2024

Traballos Xoaniña de Deus

A continuación expóñense os vídeos que elaborou o alumnado do Club de lectura do libro "Xoaniña de Deus" como parte da actividade "Un percorrido pola vida dos meus avós/avoas".




Isabella entrevista a súa nai

Carmen entrevista a súa avoa

Xiana entrevista ao seu avó

María Vila entrevista ao seu pai

Sara Vaz entrevista á súa avoa

Tania entrevista á súa avoa

Paula entrevista á súa avoa







10 abr 2024

Traballos Un elefante na sala de estar

 Aquí podedes ver os excelentes traballos que fixeron os membros do Club de lectura que escolleron o libro Un elefante na sala de estar.

Como actividade, a partir do proverbio hindú que se explica no libro, cada alumna investigará os diferentes punto de vista que teñan diferentes persoas sobre alguén que elixan. Reflexionaremos: de verdade alguén é capaz de coñecer 100% a alguén? 

Proverbio hindú: Catro sabios cegos querían saber como era verdadeiramente un elefante e pedironlle ao rei que lles deixase tocar un. Un tocou a cola do elefante e dixo: un elefante é coma unha corda. Outro tocou o bandullo e dixo: un elefante é coma un tambor. Outro tocou a orella e dixo: un elefante é coma un abano. O último tocou unha das patas e dixo: un elefante é coma o tronco dunha árbore. Como non se poñian de acordo preguntáronlle ao rei cal deles os catro dicía a verdade e o rei contestou asi: o que cada un de vós dixo é unha cousa certa, pero todos estades equivocados. Un elefante é a suma de todo iso e, se ademais de vós houbese aquí catro sabios máis, outras catro outras cousas sería.



Miguel investigou sobre o seu pai



Traballo de Noelia que investigou sobre Naiara





25 mar 2024

Reunión O caso do falso accidente de Jordi Sierra i Fabra

Nestas reunións, o alumnado foi tratando de adiviñar quen era a persoa á que a protagonista debía descubrir, quen foi quen intentou asasinar ao seu pai, como o fixeron e como podería obter probas para inculpar a alguén. En xeral, estiveron de acordo en que o libro lles gustou pola intriga de querer chegar ao final e que é un libro que non aburre pola gran cantidade de acción nas súas páxinas.

Como traballo, propúxoselles que cada un deles escribira un guión da súa escea favorita e que a representasen nun vídeo, convertíndose así en parte da historia do libro.


22 mar 2024

Club de lectura adultos- A trenza

  As participantes do club de lectura reuníronse para falar sobre o libro A trenza. Esta obra relata a vida de tres. Mulleres en tres puntos diferentes so planeta e con vidas completamente diferentes: a India, Sicilia e Canadá. Cada unha delas loita por facerse un oco nun mundo no que ser muller non é tarea fácil e onde ao final do libro as tres historias entrelázanse como unha trenza.