Finalizamos o curso entregando unhos pequenos agasallos e diplomas aos voluntarios/as da biblioteca e club de lectura polo seu esforzo e traballo ao longo do curso!
Finalizamos o curso entregando unhos pequenos agasallos e diplomas aos voluntarios/as da biblioteca e club de lectura polo seu esforzo e traballo ao longo do curso!
Onte, o alumnado do club de lectura xuvenil e adultos e voluntariado da biblioteca tiveron un encontro coa escritora galega Berta Dávila Entre todos comentaron o seu proceso creativo, en que se inspirou ou cales foron as súas maiores dificultades á hora de escribilos. Os adultos leron a súa última obra “Ferida imaxinaria” e o club de lectura xuvenil “Un elefante na sala de estar”. Antes diso, Berta foi á Radio do IES de Quiroga Onda Brava, onde Araceli e Aitana fixéronlle unha entrevista.
Un ano máis, os/as voluntarios/as de biblioquiroga e os membros do club de lectura como parte tamén do Plan Proxecta Pasaprte Solidario, visitaron o CEIP de Quiroga e o CEIP de San Clodio para que os/as máis pequenos/as disfrutaran dunhas fermosas lecturas. Aproveitando que onte foi o Día do Medio Ambiente, varios libros tiveron esa temática, mentres que outros, mostraban a importancia de que debemos respetar as ideas que cada persoa ten. Foi moi divertido e significativo! Prometemos voltar o curso que vén!
O mércores 29 de maio, o alumnado de 6º do CEIP de Quiroga e do CEIP de San Clodio, achegouse ó noso IES para coñecer as instalacións e para relacionarse cos seus futuros compañeiros/as.
No salón de actos, fixeron unha pequena charla-coloquio coa orientadora, a cal lle solventou as dúbidas surxidas. Acto seguido, visitaron o laboratorio de bioloxía e coñeceron o funcionamento da biblioteca da man dos/as voluntarios/as e da coordinadora. Como agasallo, fixeron chapas, que eles mesmos fixeron coa axuda dos voluntarios, cos seus nomes e co noso Ourileo. Vémonos en setembro!
O pasado 16 de maio o IES de Quiroga celebrou oDía das Letras Galegascun ameno e divertido festival, que se realizou no Auditorio que amablemente nos cedeu o Concello de Quiroga.
Cada curso aportou o seu traballo ao festival que foi todo un éxito, tivemos unha gran variedade de actuacións: Monólogos, Roteiros literarios, obras de teatro, actuacións musicais.
O festival comezou coa representación da obra teatral o Refuxio a cargo do alumnado de 2º de ESO
.
O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato ofreceunos un roteiro literario para darnos a coñecer a vida e a obra de Luísa Villalta.
Continuamos cunha obra de teatro protagonizada por alumnos e alumnas de 1º de ESO"Pechar o instituto". Esta obra foi escrita polos membros do Club de Lectura do IES de Quiroga.
.
Os alumnos de 3º de ESO, Alejandro e Sergio representaron a obra "Oficina de obxectos perdidos". Que perderían estes rapaces?
O alumnado de 2º e de 3º de ESO deleitáronnos coas súas dotes artísticas.
Por unha banda o alumnado de 2º de ESO que forma o grupo "Malas herbas" tocaron con frautas e xilófonos "Carmiña,Carmela" e " Eu chorrar, chorei."
E o alumnado de 3º de ESO forman o grupo "Leña verde" e tocaron "O galo".
Miguel de 3º de ESO fixo un monólogo "Os mosquitos"
Leo e Érik de 3º de ESO participaron con outra obra de teatro "Telefonía móbil"
Outra obra "Alicia no espello"representada por Ainara e Noelia de 3º de ESO.
O alumnado de 2º de ESO interpretou a obra de teatro "De Barcelona a Quiroga por consellos de amor·"
Pechouse o festival coa Banda de música do IES de Quiroga, que tocaron e cantaron duas cancións, unha ucraína "Hбbo" e outra das Fillas de Cassandra "Varre vasoira".
Por suposto temos que destacar o traballo realizado polas presentadoras Aitana e Araceli, alumnas de 4º de ESO e voluntarias da biblioteca. Así como polo traballo realizado por Rodrigo e Ana tamén de 4º de ESO e voluntaria, que se ocuparon dos recursos audiovisuais.
EXPOSICIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Os alumnos e as alumnas voluntarios e voluntarias fixeron unha exposición das obras de Luísa Villalta, que acompañaron de recortes de artigos de prensa nos que se fala da autora homenaxeada este ano.