20 may 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - ALDARA: A LENDA DO CERVO BRANCO

  No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura cos alumnos que están lendo o libro Aldara: a lenda do cervo branco de Inés Vázquez. Estivemos falando de como levan a lectura e comentamos o traballo que teñen que facer tras ler o libro. 





13 may 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - EN CAMIÑO

 No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura cos alumnos que están lendo o libro En Camiño de Paco Hernández e José Ángel Ares. Estivemos falando de como levan a lectura e comentamos o traballo que teñen que facer tras ler o libro. 





6 may 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA MANGA - ETERNO YOSHIO

No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura manga, no que estamos a ler o manga Eterno Yoshio de Joan C. Estivemos falando de como levan a lectura e comentamos o traballo que teñen que facer tras ler o manga. 





22 abr 2026

ENCONTRO CON ÁLEX ALONSO

 Álex Alonso visita o noso centro por medio dos Encontros literarios do Ministerio de Cultura. O alumnado de 1º e 2º da ESO, nos días previos á súa visita, traballou sobre a temática a tratar e leu o seu libro "Bullying". 

No propio día, tivo lugar unha entrevista que lle fixo o alumnado de 1º da ESO na radio do centro. O escritor firmou libros e contoulles a súa vivencia co mesmo. 






























20 abr 2026

PRIMERA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DO TERCEIRO TRIMESTRE

 No día de hoxe o alumnado do club de lectura seleccionou o libro que van ler neste último trimestre entre as opcións, coa novidade en que todas son novelas gráficas. 






16 abr 2026

REUNIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA DO LIBRO NAVE

Hoxe tivemos a reunión final do libro Nave, de Olaia Sendón. 

As alumnas dixeron que lles gustou moito o libro e que lles pareceu interesante a historia dos superviventes da terra. 

Falamos tamén de que farían si formaran parte desde 100.000 últimos habitantes e que farían se os elixiran como colonos. 

Tamén se comentou o que tiveron que facer no traballo, que é mencionar que cousas deixarían ou escollerían para falar de como era a terra na actualidade para esas xeracións que non coñezan o noso mundo tal e como é. 



 

15 abr 2026

ENCONTRO LITERARIO CON XULIA ALONSO

 Tras a lectura do seu libro Futuro Imperfecto, no club de lectura de adultos, tivemos un café literario coa autora Xulia Alondo en colaboración co club de lectura de Caurel "Lectura con altura". 

Antes desta reunión, Xulia estivo no instituto onde dous alumnos lle fixeron unha entrevista para a radio do centro. 

Pola tarde, tivo lugar o café literario no que Xulia respondeu preguntas dos membros de ambos clubs de lectura e nos que nos contou moitos detalles da súa vida e do proceso de escritura de esta gran novela. 

As súas verbas deixaron un gran impacto  en todos e nos ensinou unha gran lección de vida. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos!