28 feb 2020

En febreiro rematamos a lectura de George. Simplemente sé tú mismo, un texto que invita a reflexionar, pois nin todo é o que parece nin sempre resulta doado que todo pareza como é.
Ademais, achegámonos a una composición literaria moi diferente ás vistas ata agora: El libro negro de los colores. Trátase dunha obra nun soporte clásico (libro apaisado) cuxo título contrasta coa súa estética: un libro de cores no que todo sexa negro? A paradoxa está sobre a mesa e nas nosas mans está o descubrilo. E nunca mellor dito, xa que se trata dunha experiencia lectora que combina o alfabeto latino co sistema de escritura braille para describir as cores sen velas. Como explicar a alguén que non ve que é a cor vermella? A porta a outras percepcións queda aberta.







Ao preguntar aos nosos lectores que querían ler, suxeriron amor, intriga, actualizade.... Así que seleccionamos Descoñecidos, de David Lozano. Acertaremos?

2 feb 2020

Collendo de novo o ritmo

O último día do mes de xaneiro, a sección de adultos tivo a xuntanza de comentario de La villa de las telas, de Anne Jacobs, tal como estaba previsto. Desta volta conseguimos manter a data e estar a maioría do grupo. 
Aínda que non se pode dicir que esta obra tan exitosa de trama romántica un tanto predecible nos enchese o ollo, para falar foi dando, e houbo mesmo que non se decatou de que xa a tiña lido, ata que xa a comezara de novo... que cabeciñas lectoras  ;-) 

Agora imos ler Seique, de Susana Sánchez Aríns, e Orgullo y prejuicio, de Jane Austen. E iso que había quen tiña moito interese no cómic de Ana Moreira Madialeva, como podedes ver na foto... Seguro que logo cae!

11 ene 2020

Aínda estamos aí, eeeeh!

Boas lector@s.
A sección de adultos de Libromanía non deu sinais de vida na rede dende setembro, pero iso non quere dicir que non seguísemos coa nosa xeira lectora. Tivemos un problema con Nocilla dream: estaba esgotado, o que nos atrasou bastante.
Ao final quedamos algo despois de mediados de novembro, e establecemos unha nova lectura: Infamia, de Ledicia Costas. Onte reunímonos para comentala, e houbo certa división de opinións en canto á súa valoración. Había a quen lle gustara moito, pero tamén a quen lle custara acabar de lela.
Aproveitamos para poñer en común as novas propostas:
- a seguinte obra que imos ler é La villa de las telas, de Anne Jacobs;
- logo irá Seique, de Susana Sánchez Aríns, e algo máis adiante Street Poems, de Fran Alonso. 

8 ene 2020

Volta á lectura: George

Voltamos do nadal con gañas de seguir lendo e comezamos o ano con George: simplemente sé tú mismo, de Alex Gino.
Copiámosvos o argumento por se o queredes ler con nós:
Cuando la gente ve a George, cree que es un chico. Pero ella sabe que no es verdad. George sabe que es una niña. Un día, su profesora anuncia que la clase representará una obra de teatro. George desea con todas sus fuerzas el papel de la protagonista, Carlota. Pero su profesora le dice que no puede hacer prueba por el simple hecho de ser un chico. Con la ayuda de su mejor amiga Kelly, George trazará un plan, no sólo para poder llegar a ser Carlota en la obra de teatro, sino también para que todo el mundo sepa quién es ella en realidad. 

Acompáñanos nesta nova aventura!


Xincana literaria

Aínda que o remate da avaliación sempre é algo axetreado, sacamos tempo para realizar unha xincana literaria sobre a lectura O segredo do lagarto arnal, na que participaron os nosos lectores por parellas. Tras un recreo intenso no que loitaron por superar as diversas probas (crucigrama, diferenzas, orde de fragmentos...) coa maior rapidez posible, o equipo gañador foi o de Nacho e David -aínda que o posto estivo reñido xa que o nivel era moi elevado-.
Velaquí tendes unhas imaxes da celebración da xincana e da entrega dos premios aos gañadores. Noraboa!



14 nov 2019

Continuamos.... e ampliamos!

Hoxe tivemos a segunda reunión do noso club. As lecturas están en marcha e repartimos as letras de “CLUB DE LECTURA” para renovar o noso taboleiro do centro. En dúas semanas, amosarémosvos o resultado! 
Ademais, incorporáronse novos membros de cursos superiores, polo que ofrecimos unha segunda lectura, da mesma autora, para os lectores máis ávidos. Así as cousas, combinaremos O segredo do lagarto arnal e O que sei do silencio, para escoller entre os argumentos e extensións que máis nos tenten.
A vós, que vos tenta máis? As intrigas coas que David se atopará na súa volta á aldea ou o arrepentimento de Delia ao darse conta do que fixeran con Silke? 

29 oct 2019

Comezamos! O 24 de outubro, coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas, puxemos a andar o Club de Lectura 2019 do IES de Quiroga. Nesta primeira reunión limos o pregón “A sen conto”, de Gemma Pasqual e traducido ao galego por Héctor Cajaraville. Podedes ler o texto enteiro en galego, castelán, catalán e euskera aquí.

A continuación, escollemos a que será a primeira lectura do curso: O segredo do lagarto arnal, da autora coruñesa Andrea Maceiras. Rematamos cunha foto dos integrantes do festexando, un ano máis, o privilexiados que somos rodeados de todo tipo de libros. Longa vida ás bibliotecas, ás lecturas e, sobre todo, aos lectores e lectoras que desfrutan co marabilloso poder das verbas!