6 dic 2023

Reunión Club de Lectura- Subnormal: unha historia de acoso


  O alumnado de 2º e 3º da ESO que elixiu este libro, xuntouse en varias ocasións para facer unha posta en común das súas impresións sobre o libro.

Falaron sobre os tipos de acoso aos que estaba sometido o protagonista, como lle afectaba no seu día a día, quen era o seu refuxio, como reaccionou á familia e o colexio e o punto extremo ao que chegou intentando suicidarse. Comentamos entre todos e todas as situacións similares que eles viviron tanto dende o punto de vista de persoa acosada como acosadora.

A continuación fixeron unha actividade na que, en fila de a un, escoitaron varias preguntas. Se a resposta era “si” deron un paso á dereita e se a resposta era “non” deron un paso á esquerda. Así, fóiselles preguntando se viviran algunha situación de acoso, se algunha vez lle fuxeron dano a alguén, se nalgún momento sufriron noncolexio ou no instituto, se viron sufrir a alguén e non fixeron nada, se algunha vez se fixeron dano a si mesmos ou se algunha vez pensaron que vivir non merecía a pena. Ao final chegamos a conclusión de que nalgún momento todos e todas puidemos estar no papel de acosado, acosador ou espectador.

Na casa, escribiron unha carta ao seu “acosador” e compartimos impresións entre todos/as.

Por último fixeron un mural onde tacharon a oalabra “subnormal” que era o insulto principal co que acosaban ao protagonista da historia e escribiron que outras cousas tería sido moito mellor dicirlle.










5 dic 2023

Reunión Club de Lectura Heartstopper- Alice Oseman

 Durante este mes, o alumnado do club de lectura de 1º e 3º da ESO reuniuse para comentar HeartStopper, dos chicos juntos.Unha historia sobre dous rapaces e a súa historia de amor.

A partir del analizamos estereotipos ao redor das persoas homosexuais e heterosexuais, os medos que tiñan e a reacción do seu entorno. Definimos termos como: heterosexualidade, homosexualidade, homofobia ou diferenza entre agresión física ou verbal.

Ademáis debatimos sobre se creen que ese tipo de acoso pode pasar na súa contorna, como reaccionarían eles se algún amigo/a lles comenta que lles gusta alguén domseu mesmo sexo, por que non se sinten libres de falar de según que temas coas súas amizades ou incluso familias, se é importante seguir a falar destes temas ou por que existe o Día do Orgullo.

Por último analizamos noticias de actualidade sobre a frecuencia de agresións a persoas do colectivo LEGTBI e crearon o seu mural co material empregado.








4 dic 2023

Reunión Club de Lectura La chica invisible- Blue Jeans

  As alumnas do club de lectura do libro La chica invisible de Blue Jeans reuníronse hoxe para comentar o libro que leron. Falaron sobre as personaxes, sobre a intriga que lles causou, sobre quen podía ser a persoa asasina e que lle puido levar a facelo.


Como actividade, as alumnas están a preparar un Scape Room para os seus compañeiros/as de 3º da ESO. Durante os recreos xuntaranse para, á volta do Nadal levar a cabo a súa historia. Elaboraron unha trama, unhas personaxes, pistas e onde agachalas para que os compañeiros/as as descubran! Que estarán a tramar?





29 nov 2023

A ESMORGA, ROTEIRO LITERARIO E OBRADOIRO DE ESCRITURA MEDIEVAL

 A ESMORGA, ROTEIRO LITERARIO

O 28 de novembro o alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato, acompañados por un guía da Oficina de Turismo de Ourense, a pesar do mal tempo, percorreron os escenarios máis emblemáticos da novela de Eduardo Blanco Amor, A esmorga, leron as placas de cerámica que reproducían fragmentos desta obra.

    
















OBRADOIRO DE ESCRITURA MEDIEVAL 

Pola tarde realizaron unha actividade do Arquivo Histórico Provincial de Ourense que consistía en visitar  unha exposición de documentos históricos e  nun obradoiro de escritura medieval, na que utilizaron unha pluma de ave para escribir un documento sobre a súa liñaxe.

25 nov 2023

25 N- Día contra a violencia de xénero

 

Crea a túa chapa pola eliminación da violencia de xénero!

Durante toda a semana entre o 20 e o 24 de decembro acudide á biblioteca durante os recreos, fai o teu deseño (debuxo, frase, palabra…) e fai a túa chapa!




Estes foron os marabillosos resultados:








Ademáis, os/as voluntarios/as da biblioteca decorárona e fixeron unha exposición sobre lecturas sobre igualdade.








Por último, o 24 de novembro, o alumnado e profesorado do IES xuntáronse no salón de actos vestidos de negro e violeta para gardar un minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero, escoitaron poemas lidos por parte do alumnado voluntario, visualizaron un vídeo cos últimos datos sobre a violencia de xénero en España e a escoitaron a canción Salir Corriendo de Amaral, interpretada pola banda do instituto.














3 nov 2023

1ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA

 


Hoxe reuniuse por primeira vez a totalidade do Club de Lectura 2023 cun éxito rotundo. Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO elexiron os libros que leremos neste primeiro trimestre.



Finalmente, os libros seleccionados que leremos e nos que afondaremos este curso serán:

~ Subnormal, unha historia de acoso escolar (Fernando Llor e Miguel Porto)
~  O misterio do torque de Burela (Antía Yáñez)
~ La chica invisible (Blue Jeans)
~ Pecados veniais (Nazaret López)
~ Heartstopper, dos chicos juntos (Alice Oseman)
~ A dos metros de ti (Rachael Lippincott)


Ademáis este curso como novidade estreamos o Club de lectura Manga!
Comezaremos lendo Ataque dos titáns!