18 mar 2024

Día do cómic

 O 17 de marzo celébrase o Día do Cómic. No ano 2022, o Consello de Ministros aprobou oficialmente a celebración do Día do Cómic nesta data, o seu propósito é impulsar a difusión deste medio artístico, destacar o valor histórico e cultural do cómic en España.

 Esta data foi escollida por que coincidía coa publicación o 17 de marzo de 1917 do 1º número da revista de historietas TBO.


O voluntariado e club de lectura realizaron unha exposición cos fondos da biblioteca.







Debuxos feitos polos membros do club de lectura de manga.






Club de lectura Un elefante na sala de estar

 O alumnado do club de lectura reuniuse para comentar o libro Un elefante na sala de estar de Berta Dávila. Comentaron que pode levar a alguén a suicidarse, os estereotipos, e que facer se alguén que coñecemos ten este tipo de ideacións. 


Como actividade, a partir do proverbio hindú que se explica no libro, cada alumna investigará os diferentes punto de vista que teñan diferentes persoas sobre alguén que elixan. Reflexionaremos: de verdade alguén é capaz de coñecer 100% a alguén? 

Proverbio hindú: Catro sabios cegos querían saber como era verdadeiramente un elefante e pedironlle ao rei que lles deixase tocar un. Un tocou a cola do elefante e dixo: un elefante é coma unha corda. Outro tocou o bandullo e dixo: un elefante é coma un tambor. Outro tocou a orella e dixo: un elefante é coma un abano. O último tocou unha das patas e dixo: un elefante é coma o tronco dunha árbore. Como non se poñian de acordo preguntáronlle ao rei cal deles os catro dicía a verdade e o rei contestou asi: o que cada un de vós dixo é unha cousa certa, pero todos estades equivocados. Un elefante é a suma de todo iso e, se ademais de vós houbese aquí catro sabios máis, outras catro outras cousas sería.




13 mar 2024

Charla Dr Isorna- Adiccións con e sen substancia: claves para entender e educar desde a familia na era dixital

 Nas últimas décadas, as sociedades occidentais experimentaron uns cambios tan acelerados que moitos pais, nais e educadores vémonos desbordados polos novos retos e desafíos que conleva a educación dos nosos fillos. O uso de móbiles, Internet, videoxogos e redes sociais, así como o consumo intensivo de alcol, cánnabis, o fenómeno do vapeo e a proliferación de novas substancias psicoactivas, configuran un panorama sumamente incerto e complexo que require unha profunda reflexión colectiva. A miúdo cuestionamos as posibles motivacións dos nosos fillos adolescentes para participar nestes comportamentos e prácticas de risco, pero igualmente importante é examinar as deficiencias que poden existir en moitas das familias. Con moita. A miudo solemos poñer o foco nos adolescentes de maneira automática, pero en menor medida non solemos examinar os posibles erros cometidos polas familias, polos propios centros educativos e institucións. É esencial comprender que se trata dunha responsabilidade compartida, onde familias e centros educativos deben colaborar de maneira conxunta e orientada cara a un obxectivo común. O profesor da Universidade de Vigo, Manuel Isorna Folgar, experto en prevención escolar e comunitaria e investigador compartirá abertamente as súas reflexións nun esforzo por identificar algunhas claves para comprender e previr estes desafíos desde o ámbito familiar.






Ademais, dende o Club de Lectura recomendáronse varios libros para que as familias que lles interese profundicen na temática




Esta actividade foi compartida en diferentes medios como os periódicos e redes sociais do Concello ou do CEIP de Quiroga:












8 mar 2024

8M- Día da muller

  O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, este día é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar os dereitos das mulleres e sensibilizar á sociedade da situación da muller na actualidade.

Os voluntarios/as de biblioteca e club de lectura participaron nesta xornada realizando murais, así como facendo unha selección de obras nas que a protagonista en a muller.







23 feb 2024

Día de Rosalía- 23 de febreiro

 O día 23 de febreiro de 1837 nacía a nosa escritora màis coñecida, Rosalía de Castro e para rendirlle homenaxe  o equipo da Biblioteca e os Voluntarios e as Voluntarias da biblioteca, decidiron preparar unhas flores para agasallar a toda comunidade educativa.
























 Exposición realizada polo alumnado voluntario da biblioteca e club de lectura.





5 feb 2024

Día da muller e da nena na ciencia

 A biblioteca escolar e o departamento de Tecnoloxía organizan polo Día Internacional da muller e a nena na ciencia a participación nas actividades do MUNCYT, "DIRECTO 11M".

 
Esta actividade consiste nunha serie de charlas online que serán impartidas por catro enxeñeiras informáticas, como mostra da relevancia de mulleres neste ámbito. As expertas falarán sobre a investigación que levan a cabo no ámbito da intelixencia artificial para motivar ao alumnado nas vocacións científico- tecnolóxicas.


 














O voluntariado da biblioteca e membros do club de lectura seleccionaron unha serie de libros nos que as  protagonistas son mulleres relacionadas coa ciencia.

2 feb 2024

Nova reunión Club de Lectura 2º Trimestre

 




Neste trimestre os libros que leremos no Club de lectura serán:
- Xoaniña de deus de @albaguzzman 
- Un elefante na sala de estar de @berta_davila 
- O caso do falso accidente de @jordisierraifabra_oficial 

Pola súa banda o club de lectura manga lerá El profundo azul del cielo de Marco Kohinata

E o club de lectura de adultos lerá A trenza de Laetitia Colonbani.

Os libros xa están dispoñibles na biblioteca!