26 feb 2026

REUNIÓN CLUB DE LECTURA DO LIBRO NAVE

 No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura do libro "Nave" de Olaia Sendón. 

Na reunión comentamos como van avanzando coa lectura do libro e o traballo que terán que facer, que se trata de comentar qué elementos e modos de vida da terra lles gustaría conservar para xeracións futuras cunha pequena explicaicón coa razón. 



13 feb 2026

REUNIÓN CLUB DE LECTURA DO LIBRO DRAMAS Y LIKES EN EL INSTITUTO

 No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura do libro "Dramas y likes en el instituto "de Gemma Pasqual. 

Comentamos como van coa lectura e falamos do traballo que teñen que facer, no que teñen dúas opcións: 

1. Crear como sería o perfil de redes sociais dun dos personaxes

2. Escribir unha carta á protagonista comentándolle que fixo ben e que fixo mal durante os acontementos do libro dando a súa opinión. 



21 ene 2026

CLUB DE LECTURA - SEGUNDO TRIMESTRE

Hoxe foi o momento de elexir os libros do segundo trimestre do club de lectura. 

Ao final, foron elexidos os seguintes libros: 

- Dramas y Likes en el instituto de Gemma Pasqual

- Nave de Olaia Sendón

- Contas de buxo de Raquel Fernández Fernández

- Adeline de María Solar

No club de lectura manga leeremos este trimestre You have no reaction de Keigo Shinzo 







14 ene 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS - MULLERES QUE VIVEN XUNTAS

 No día de hoxe tivemos a reunión do club de lectura de adultos do libro Mulleres que viven xuntas. 

Todos os asistentes coincidimos que é un bo libro que conta unha historia moi bonita.  Tivemos ademáis un debate sobre o amor e a amizade e a súas diferencias, que foi altamente interesante polos diferentes argumentos que sairon á luz. 

Foi unha gran reunión!









12 ene 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - AGORA QUE VEN A NOITE

Hoxe tivemos a reunión do libro Agora que ven a noite con un pouco de retraso. 

Na reunión falamos do libro e do que lles pareceu. Todos coincidiron que o libro estivo interesante. Tamén comentaron a diferencia entre o rural e a cidade, coa maioría preferindo o rural debido á tranquilidade que hai. 

O traballo deste libro era continuar a historia. 








17 dic 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - LA BAILARINA DE AUSCHWITZ

No día de hoxe celebramos a reunión do libro La bailarina de Auschwitz. Todos os alumnos estiveron de acordo en que se trata dun libro moi interesante que trata unha temática moi difícil, como é o holocausto e as súas consecuencias. 

Tivemos ademáis unha conversa moi interesante sobre como era a vida das persoas que viviron en campos de concentracións e tamén do seu proceso de recuperación. Tamén comentamos algúns das situacións que tiñan que vivir os xudeus nesa época, tentando poñerse na súa situación. Nomeamos tamén como había persoas que, entre toda a maldade, facían cousas boas como salvar a xente a pesares do risco que era. 

En xeral resultou ser unha reunión moi productiva e interesante. 

Finalmente, entregaron o traballo que é cal era unha carta á autora. 










15 dic 2025

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - EL CENTINELA

No día de hoxe tivemos a reunión do club de lectura na que falamos do libro El centinela. As alumnas comentaron que lles gustou moito o libro e lles pareceu sorprendente o final. 

Tratamos tamén a temática do libro, o bullying, unha situación que hoxe en día está moi extendida por todos lados. A continuación falamos sobre a utilidade da presencia dun Centinela nos centros académicos e se lles gustaría ou lles parecería interesante implementalo no centro. Foi unha reunión moi interesante!

Finalmente, entregaron o traballo que é cal sería a súa primeira misión como centinelas do centro.